QUEN SOMOS

sueiro-oficinas2
 

Con máis de 30 anos desenvolvendo programas especializados de seguros para as administracións locais e colaborando con empresas e institucións públicas, en Correduría de Seguros SUEIRO dispoñemos dunha división específica con mais de 20 profesionais especializados na xestión de riscos da administración local.

A nosa experiencia como mediadores aválana o compromiso adquirido cos mais de 4.000 clientes que puxeron a súa seguridade nas nosas mans, desempeñando o noso traballo cunha total independencia coas compañías aseguradoras, e velando sempre polo interese da nosa clientela.

O traballo dos xestores persoais de Sueiro abarca dende o asesoramento continuo para o deseño dun programa exclusivo e personalizado de seguros, barallando todos os riscos potenciais, e propoñendo as mellores solucións en cada caso individual, ata a xestión integral dos sinistros.

Un departamento xurídico propio e un servizo de formación e información personalizado para os responsables da contratación municipal forman parte do valor engadido que lle ofrecemos á nosa clientela. A todo iso, engadímoslle un “Mapa personalizado de Seguros” co que poderá visualizar dunha forma clara e inmediata todas as coberturas e informacións dos seguros contratados para a súa perfecta xestión. Un servizo exclusivo da nosa correduría.

 
grafico1